Lección maxistral |
Presentación e explicación dos contidos da materia. |
Resolución de problemas |
Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes. |
Debate |
Participación oral e activa por parte de estudantes. Pode centrarse nos contidos da materia, nalgún tema de actualidade, na análise dalgún caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral, ou no intercambio de opinións e conseguinte argumentación a favor e/ou en contra. |