1ª edición das actas
O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.
a) Avaliación continua
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.
Condicións para superar a materia:
-Entrega dos traballos nos prazos establecidos:
-Primeiro traballo: última semana de outubro.
-Segundo traballo: nos últimos días de decembro ou nos primeiros días de xaneiro.
- Exame: na data oficial que fixe a Facultade.
Importante
A nota final da materia será a suma de todas as probas ponderadas. Non se establece ningunha nota mínima para superar ningunha. Para aprobar a materia cómpre obter un 5.
O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación global.
b) Avaliación global
Haberá un exame, por valor dun 100% da nota, na data fixada pola Facultade.
2ª edición das actas
Haberá un exame, por valor dun 100% da nota, na data fixada pola Facultade.
O alumnado de avaliación continua que non teña aprobada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións das probas superadas se así o desexa.
Datas oficiais dos exames
A data oficial do exame, tanto para a avaliación continua como a global, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Importante
Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas, da gramática da lingua, do léxico xeral e das destrezas de redacción, aínda que non sexan contidos específicos do curso. Daquela, nos traballos a falta de corrección será penalizada da maneira en que se indique en cada un deles.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame implica unha cualificación de 0.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.