A avaliación é continua; para ser avaliado na materia será
necesario ter entregado os traballos na data requirida, un traballo a mediados de cada mes. Tamén se terá en conta a participación activa no curso. Solo computarán para facer a media as
probas ou traballos cun mínimo dun valor de 4/10 se non o alumnado terá que ir á sesión final. En caso de plaxio, a
nota final é de suspenso. Haberá una proba final para os alumnos de avaliación continua
na última semana de docencia que será publicada en Moovi. Será de
contido práctico e teórico (60%: 40% de aplicación da parte teórica e 20% de avaliación da expresión e comprensión escrita). Para superar a materia farase a media e
haberá que superar cun mínimo dun 4 cada una das partes. Terase en conta para a Avaliación: a lectura do libro como destreza de comprensión lectora, a expresión oral, a argumentación, a expresión escrita e a gramática vista ao longo do curso. Para os alumnos non acollidos a esta
modalidade a nota da proba será un 100%. O examen para o alumnado de avaliación única será a data
establecida no calendario de exames da FFT. Os alumnos que non superen
a avaliación continua e os que non se presentaron ao Final, farán en
xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota (30/70 parte
práctica e teórica) na data
establecida no calendario de exames da FFT. A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas máis tamén a súa corrección lingüística. |