Cunha orientación práctica e centrada no uso da lingua, esta materia céntrase na consolidación das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel avanzado, prestando especial atención á aprendizaxe de vocabulario (Use of English: Vocabulary) e ás destrezas de comprensión oral (Listening) e produción de discurso oral (Speaking). Tamén se inclúe un compoñente teórico sobre fonética e fonoloxía.
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel avanzado C1. Ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel C1 segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas.