PRIMEIRA EDICIÓN DE
ACTAS
Avaliación continua
Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de
avaliación continua; con todo, a materia é presencial: é responsabilidade do
alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades
ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto coa
docente e da plataforma MOOVI. A avaliación estrutúrase en tres partes:
1. Traballo escrito (30%)
2. Presentación oral (30%)
3. Exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data prevista
no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación
definidas como "exame: preguntas abertas", "exame: preguntas
breves" e "exame: exercicios, actividades e problemas".
A información sobre as datas de entrega dos traballos e a
presentación oral, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en
MOOVI.
Avaliación única
O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as
tres partes da avaliación (traballo escrito, presentación oral e exame) na
data oficial de exame sinalada pola Facultade.
O alumnado que opte por este
sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) ás docentes antes do
1 de outubro. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación
continua.
SEGUNDA EDICIÓN DE
ACTAS
Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán
presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Ademais de facer
o exame (que nesta ocasión valerá o 70% da nota) terán que realizar unha
presentación oral (nas datas e condicións que se acordarán co profesorado).
Nesta segunda oportunidade será necesario presentarse unicamente á parte ou
partes nas que non se alcanzou o aprobado previamente (parte oral e/ou parte
escrita).
IMPORTANTE
Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha
cualificación de polo menos 4 puntos (sobre 10) en cada unha das partes. De non
cumprirse este requisito, aínda que a suma das partes alcance ou supere o
5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia.
Nas probas de
avaliación non só se terá en conta a adecuación e calidade dos contidos, senón
tamén a corrección lingüística e o rigor académico. Penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación,
incoherencias sintácticas, uso inapropiado do léxico, etc.).
No caso de que se
detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta se cualificará cun cero.
O alumnado erasmus interesado en cursar a materia
deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua
española igual ou superior a C1.