Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Exercicio de comprensión oral a partir dunha gravación ou vídeo en francés. 20 A5
B7
B10
Presentación Presentación oral individual a partir dun tema en relación cos contidos da materia. 20 A3
A4
A5
B7
B10
Resolución de problemas de forma autónoma Probas de expresión escrita (15 %) e de comprensión escrita (20 %). 35 A3
A4
A5
B7
B10
Aprendizaxe baseado en proxectos Proxecto en grupo para mellorar a expresión oral e escrita do alumnado mediante o uso de novas tecnoloxías. 25 A3
A4
A5
B7
B8
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado máis arriba.

As probas prácticas na aula terán lugar ao longo do curso, en horario de aulas, e terán que superarse cun mínimo dun cinco cada unha das partes en calquera das modalidades. De non ser así, a/o estudante terá que ir ao exame final na segunda edición de actas.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data requirida, sinalada no primeiro mes do curso. As probas non entregadas contarán como un cero.

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar co profesorado ao comezo do curso. Nese caso, poderá examinarse do 100 % da materia polo sistema de avaliación única. O exame de avaliación única constará de catro exercicios: comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral. Cada un dos exercicios terá un peso dun 25 % e será necesario acadar un mínimo dun 5/10 para facer a media. A data do exame será no período de exames na data establecida pola Xunta de FFT.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO)

Na segunda edición de actas haberá un exame que constará de catro exercicios: comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral. Cada un dos exercicios terá un peso dun 25 % e será necesario acadar un mínimo dun 5/10 para facer a media. O exame terá lugar no período de exames na data establecida pola Xunta de FFT.

NOTAS XERAIS

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se fixese total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial.

Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000