Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés Código V01G181V01205
Titulación
Grao en Linguas Estranxeiras
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 OB 2 1c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía inglesa, francesa e alemá
Coordinador/a
Rama Martínez, María Esperanza
Correo-e erama@uvigo.es
Profesorado
Rama Martínez, María Esperanza
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral Introdución xeral teórica e práctica ao nivel fonético e fonolóxico da lingua inglesa. Os obxectivos xerais son:
- Ofrecer unha introdución xeral á teoría dos sons e de como se utilizan na lingua inglesa, establecendo as comparacións pertinentes cos sistemas fonolóxicos doutras linguas, especialmente coas do castelán e galego.
- Equipar ao alumnado coas ferramentas básicas, unidades e conceptos teóricos necesarios para a descrición e análise dos niveis segmental e suprasegmental e dos procesos fonolóxicos do inglés.
- Ofrecer ao alumnado as ferramentas prácticas necesarias para que melloren a pronuncia do inglés, tanto dende a perspectiva da discriminación auditiva coma da produción oral.
- Conseguir que o alumnado se familiarice coas fontes de consulta da disciplina.
- Lograr a participación activa da/do estudante no desenvolvemento da materia, tanto na aula como en calquera actividade non presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000