Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Unha proba parcial sobre as actividades desenvolvidas durante as clases de laboratorio. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B10
C1
C4
C5
C7
C8
C10
C12
C13
D1
D3
Resolución de problemas Resolución e entrega de exercicios, transcricións, gravacións, etc. que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B10
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C10
C12
C13
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Unha proba parcial sobre os contidos teórico-prácticos desenvolvidos nas clases teóricas, incluíndo unha transcrición fonolóxica. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B10
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C10
C12
C13
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final teórico-práctico, que incluirá preguntas curtas e/ou longas e/ou de tipo test sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica a exercicios (incluída transcrición). 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B10
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C10
C12
C13
D1
D3
Práctica de laboratorio Exame final práctico de laboratorio que incluirá preguntas (a) tipo test e/ou curtas de discriminación auditiva, (b) de transcrición da oralidade e (c) de lectura. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B10
C1
C4
C5
C7
C10
C12
C13
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación do curso de Pronunciación (2023/24)

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO)

A1) Avaliación continua

A avaliación será continua e terá lugar ao final do
primeiro cuadrimestre. Para a avaliación continua computarán os seguintes
parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes
da cualificación final):

(1) Proba parcial (15%) sobre os contidos
teóricos, a resolución de exercicios ou problemas relacionados coa teoría dos 4
primeiros temas e unha transcrición fonolóxica. A proba terá lugar na semana
inmediatamente posterior á finalización do tema 4 durante a sesión de clase. O día da realización desta proba será anunciado en clase e
a través da plataforma MooVi coa debida antelación.

(2) Proba parcial de laboratorio (10%) sobre as actividades de discriminación
auditiva e produción oral. O día da realización desta proba será anunciado en
clase e a través da plataforma MooVi coa debida antelación.

(3) Actividades puntuais (15%), como resolución
de exercicios, transcricións, gravacións, controis, etc., que a profesora
solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo
aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A
non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero.

(4) Exame final teórico-práctico (40%) que
abarcará todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias, tanto do libro de texto como
as complementarias. O exame terá lugar na data, hora e lugar que figure
no calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade.

(5) Exame final de laboratorio (20%) sobre as
actividades de discriminación auditiva, transcrición dun texto oral e produción
oral realizadas ao longo do cuadrimestre. Sempre que
sexa posible, o
exame terá
lugar na mesma data ca o exame final teórico-práctico. En calqueira caso, o día,
hora e lugar será anunciado en clase e a través da plataforma MooVi coa debida
antelación.

É
requisito indispensable para superar a avaliación continua acadar unha nota de
alomenos 5/10 nos parámetros (3), (4) e (5) arriba mencionados
. No caso das
actividades/exercicios/ problemas/controis, haberá que acadar unha nota media
de alomenos 5/10 entre todos os entregables para poder superar a avaliación
continua. De non cumprirse estes requisitos, non se aprobará a materia aínda
que a nota media dos mencionados parámetros sexa 5 ou superior.

A2) Avaliación única

O alumnado que por motivos debidamente xustificados
non poida acollerse á avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos
15 primeiros días do curso
.

Este alumnado será avaliado en
base a dous exames finais: un exame teórico-práctico que abarcará todos
os contidos explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias, tanto do libro de texto como as complementarias; e un exame final
de laboratorio que constará de exercicios de discriminación auditiva,
transcrición dun texto oral e produción oral. Os exames computarán,
respectivamente, como un 65% e un 35% da cualificación final.

Para aprobar a materia é
requisito indispensable superar ámbolos dous exames cunha cualificación de
alomenos 5/10
. De non cumplirse este requisito, non se aprobará a materia
aínda que a nota media dos dous exames sexa 5 ou superior.

Os dous exames celebraranse na mesma data, hora e
lugar que os exames finais do alumnado que segue a avaliación continua (véxase
apartado A1).

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO)

Tanto o alumnado de avaliación
continua como única será avaliado en base a un exame final teórico-práctica
e/ou un exame final de laboratorio dependendo do(s) exame(s) final/finais que
a/o alumna/o suspendera na primeira avaliación en decembro (1ª edición de
actas). Considérase suspenso calquera exame/actividade (ver parámetros (3), (4)
e (5) do apartado A(1)) no que non se acadara unha cualificación de alomenos
5/10 en decembro. De ter aprobado un dos dous exames finais na primeira
edición de actas, manterase esa nota para a edición de xuño
. O alumnado que
teña a materia suspensa por mor das actividades puntuais, deberá repetir o
exame final teórico para aprobar a materia.

O exame teórico-práctico abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias, tanto do libro de texto como as complementarias. O exame final de
laboratorio constará de exercicios de discriminación auditiva, transcrición dun
texto oral e produción oral. Os exames computarán, respectivamente, como un
65% e un 35% da cualificación final.

Para aprobar a materia é requisito indispensable
superar ámbolos dous exames cunha cualificación de alomenos 5/10
. De non
cumplirse este requisito, non se aprobará a materia aínda que a nota media dos
dous exames sexa 5 ou superior.

Para os dous tipos de alumnado, o exame
teórico-práctico terálugar na data, hora e lugar que figure no
calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade.  Sempre que sexa posible, o exame práctico de
laboratorio terá lugar na mesma data ca o exame final teórico-práctico. En
calqueira caso, o día, hora e lugar será anunciado a través da plataforma MooVi
coa debida antelación.

 

MOI IMPORTANTE

- Só poderá facer as probas
parciais
o estudantado de avaliación continua que se presente/faga o resto
das probas avaliables.

- Non se poderá cambiar de
tipo de avaliación
(de única a continua, nin de continua a única)
transcurridos os 15 primeiros días do curso.

- Tanto na avaliación continua
como na única terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das
respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non
ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.

- En caso de calquera tipo de plaxio
(eg. copia total ou parcial de textos, copia doutras/os estudantes en
exames/exercicios, etc.) nalgunha proba/exame/actividade puntual, a
cualificación final será de suspenso na materia nesa convocatoria. Alegar descoñecemento
do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste
aspecto. Véxanse os artigos 40-42 do “Regulamento sobre a avaliación, a
calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do
estudantado” da UVigo.

- Non se admitirán cambios de
datas de exames/probas/entregas de actividades
, salvo de xeito excepcional
e sempre que o cambio estea debidamente xustificado e sexa por causa de forza
maior. O alumnado de intercambio deberá ter en conta as datas oficiais dos
exames e planificar a súa estadía en Vigo en consonancia con esas datas.

- Recoméndase a asistencia a
clase
de xeito regular.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000