Introdución xeral teórica e práctica ao nivel fonético e fonolóxico da lingua inglesa. Os obxectivos xerais son:
- Ofrecer unha introdución xeral á teoría dos sons e de como se utilizan na lingua inglesa, establecendo as comparacións pertinentes cos sistemas fonolóxicos doutras linguas, especialmente coas do castelán e galego.
- Equipar ao alumnado coas ferramentas básicas, unidades e conceptos teóricos necesarios para a descrición e análise dos niveis segmental e suprasegmental e dos procesos fonolóxicos do inglés.
- Ofrecer ao alumnado as ferramentas prácticas necesarias para que melloren a pronuncia do inglés, tanto dende a perspectiva da discriminación auditiva coma da produción oral.
- Conseguir que o alumnado se familiarice coas fontes de consulta da disciplina.
- Lograr a participación activa da/do estudante no desenvolvemento da materia, tanto na aula como en calquera actividade non presencial.