Este curso ofrece unha achega sociolingüística ao estudo do uso da lingua e das actitudes cara o uso lingüístico. Estudaremos o cambio e a variación lingüística determinados por factores sociais como a idade, sexo, rexión xeográfica e clase social, así coma por factores como o nivel de formalidade e o tipo de texto. Ofreceráse tamén unha introdución xeral á ampla gama de variedades do inglés existentes na actualidade e ós métodos empregados no seu estudo.
Igualmente, estudaremos como a dicotomía entre as correntes descritivas e prescritivas influenciaron o uso e as actitudes cara o uso lingüístico. Esta parte do curso adopta una perspectiva histórica dende o século XVIII ata o inglés actual e céntrase na lingua inglesa.