Esta materia ofrece unha achega sociolingüística ao estudo da lingua inglesa, adoptando unha perspectiva histórica desde o século XVIII ata o inglés contemporáneo do século XXI.
Estudaremos o uso, cambio e variación lingüística en relación a factores sociais como a idade, sexo/xénero, rexión xeográfica e clase social, así como factores que atinxen ao nivel de formalidade e ao tipo de texto. Ofrecerase unha introdución xeral á ampla gama de variedades do inglés existentes na actualidade e ós métodos empregados no seu estudo.
Igualmente, analizaremos as actitudes cara o uso lingüístico, atendendo á dicotomía entre as correntes descritivas e prescritivas que influenciaron/influencian certas características lingüísticas.