Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
B3 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
B4 Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
B5 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
B6 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
B7 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
B8 Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
B9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
B10 Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
B11 Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva.
B12 Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación.
B13 Ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada.
C124 Comprender os conceptos fundamentais da sociolingüística teórica e aplicada ao primeiro idioma estranxeiro.
C125 Coñecer as perspectivas e aproximacións que intregan a disciplina sociolingüística.
C126 Familiarizarse cos trazos distintivos das variedades máis estendidas do idioma estranxeiro.
C127 Coñecer as pautas de variación máis significativas no primeiro idioma estranxeiro relacionadas con factores sociais tales como a clase social, a idade ou o sexo.
C128 Adquirir os coñecementos imprescindibles para analizar, interpretar, avaliar criticamente textos de distintas variedades (xeográficas, sociais, estilísticas) do primeiro idioma estranxeiro.
C129 Ser capaz de identificar un dialecto do primeiro idioma estranxeiro a partir dun texto e describir algunhas das súas características sintácticas e morfolóxicas.
C130 Ser capaz de identificar diferenzas lingüísticas en producións de individuos de diferente status social, sexo, idade, contexto de interacción, etc.
C131 Considerar a utilidade da teoría sociolingüística para a solución de problemas do mundo real (ex: a sociolingüística forense)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000