Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia seguindo o temario. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas do nivel entoativo do discurso oral tanto a nivel de discriminación auditiva coma de produción oral. |
Seminario |
Orientación xeral para a resolución de actividades/problemas/exercicios e a realización de traballos individuais ou en parellas, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico, etc., é dicir, asesoramento sobre as actividades e contidos da materia e do proceso de aprendizaxe. |