Guia docente 2025_26
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión de persoas: Organización e funcións
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Xestión de persoas: Organización e funcións Código P07G092V01205
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Organización de empresas e márketing
Coordinador/a
García-Pintos Escuder, Adela
Correo-e adelagpe@uvigo.es
Profesorado
García-Pintos Escuder, Adela
Web
Descrición xeral A crecente preocupación polo uso eficiente dos fondos públicos, xunto cunha orientación cada vez máis marcada das administracións cara ao servizo á cidadanía, propiciou a incorporación progresiva de técnicas de xestión de persoas inspiradas no ámbito empresarial no seo das organizacións públicas. Esta evolución implicou, principalmente, unha toma de conciencia respecto ao impacto que teñen as políticas de emprego e retribución, os métodos de traballo, os resultados obtidos e as actitudes do persoal sobre a eficacia e a eficiencia do sector público. Neste contexto, o programa formativo que se presenta a continuación ten como finalidade contribuír ao coñecemento e á análise crítica dos instrumentos e prácticas de xestión de persoas aplicables nas administracións públicas, proporcionando ao alumnado unha base sólida para a súa comprensión e aplicación en contornos reais.

Materia do programa English Friendly.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías
para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000