A crecente preocupación polo uso eficiente dos fondos públicos, xunto cunha orientación cada vez máis marcada das administracións cara ao servizo á cidadanía, propiciou a incorporación progresiva de técnicas de xestión de persoas inspiradas no ámbito empresarial no seo das organizacións públicas. Esta evolución implicou, principalmente, unha toma de conciencia respecto ao impacto que teñen as políticas de emprego e retribución, os métodos de traballo, os resultados obtidos e as actitudes do persoal sobre a eficacia e a eficiencia do sector público. Neste contexto, o programa formativo que se presenta a continuación ten como finalidade contribuír ao coñecemento e á análise crítica dos instrumentos e prácticas de xestión de persoas aplicables nas administracións públicas, proporcionando ao alumnado unha base sólida para a súa comprensión e aplicación en contornos reais.
Materia do programa English Friendly.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías
para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés