A elección da avaliación global implica a renuncia a continuar participando nas actividades de avaliación continua que resten por realizar e ás cualificacións xa obtidas en calquera das probas realizadas previamente.
AVALIACIÓN CONTINUA
É o sistema de avaliación que se aplica ao alumnado no caso de non renunciar expresamente á avaliación continua.
Ao longo do curso realizaranse as seguintes probas:
- Exame de preguntas obxectivas 1 (40%)
- Exame de preguntas obxectivas 2 (40%)
- Resolución de problemas e exercicios (10%)
- Autoavaliación (5%)
- Observación sistemática (5%)
Cálculo da nota da materia
Para superar a materia, é imprescindible obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas previstas ao longo do cuatrimestre. No caso de non alcanzar dita nota mínima nalgunha delas, a cualificación final que se reflectirá na acta será a menor das dúas obtidas, sen que se sumen o resto de compoñentes de avaliación.
Se se alcanza polo menos un 4 en cada unha das probas, sumarase a cualificación obtida na autoavaliación e na observación sistemática para calcular a nota final.
2ª oportunidade
Manteranse as cualificacións obtidas durante o curso nas actividades de avaliación continua: a observación sistemática e a autoavaliación. Estas cualificacións non se poderán modificar nin mellorar.
O alumnado deberá repetir só as probas nas que non alcanzou a cualificación mínima de 4 sobre 10.
O exame correspondente realizarase na data oficial establecida para a avaliación global da segunda oportunidade, segundo o calendario aprobado.
Aprendizaxe baseada en preguntas (QBL)
De xeito voluntario, o estudantado pode substituír a metodoloxía/proba de "autoavaliación" e "observación sistemática" pola modalidade de "aprendizaxe baseada en preguntas" (QBL polas súas siglas en inglés). O 10% da cualificación final atribuída a estas probas desagrégase do seguinte xeito:
-
Asistencia a un seminario organizado pola Área de Igualdade (cunha duración similar á dunha sesión de grupo reducido) e participación no mesmo (formulación de preguntas, resposta a un test de seguimento ou entrega dun resumo, segundo se indique na exposición da tarefa): 5% da nota.
-
Traballo individual previo aplicando os coñecementos da materia e entrega/exposición dun informe grupal con respostas ás preguntas formuladas: 5% da nota.
AVALIACIÓN GLOBAL
No caso de renuncia expresa á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante un único exame que representará o 100% da cualificación da materia.
Dada a extensión da proba, o alumnado que se acolla á avaliación global deberá dispoñer de 3 horas para a realización da mesma a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.
As datas e horas das probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2025/26. No caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade:
https://webfdxp.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/
NON PRESENTADO
O alumnado que non participe nin na avaliación continua nin na avaliación global figurará na acta coa cualificación de “non presentado”.
CURSOS SEGUINTES E FIN DE CARREIRA
No caso de non superar a materia durante o curso 2025-26, o alumnado deberá matricularse novamente e adaptarse á guía docente vixente no curso correspondente, sen conservar ningunha das cualificacións obtidas previamente.
Excepción: nos supostos de fin de carreira, aplicarase o mesmo criterio establecido para a segunda oportunidade.
RECOMENDACIÓNS
A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega será detallada a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos) do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565.