Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Xestión de persoas: Organización e funcións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Na sesión maxistral, a profesora expondrá os contidos da materia de xestión de persoas que foron incluídos no temario desta materia.
Estudo de casos Desenvolveranse exercicios ou estudos de casos baixo as directrices e supervisión da profesora
Aprendizaxe-servizo Esta materia está dentro do plan de promoción da Aprendizaxe Servizo na Universidade de Vigo promocionado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
A actividade de Aprendizaxe servizo (ApS) é voluntaria.
Debate Elaboración e exposición de ideas e argumentos sobre un tema ou asunto relativo á materia. Actividade voluntaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000