Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración de traballos: prácticas de lingua e de literatura (horas B) 35
Resolución de problemas de forma autónoma Elaboracion de traballos: prácticas de lingua e literatura (horas C) 30
Presentación Exposición dun traballo, na que se valorarán tanto os contidos coma a exposición oral (horas A). 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Os alumnos terán que responder a unhas preguntas de desenvolvemento. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumno nos traballos da aula, a través da exposición de traballos e a realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos e a aportación crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento dos devanditos traballos. 

Para poder ser calificado con esta modalidade, o alumno deberá entregar todas as probas establecidas polas docentes, nas datas indicadas. Se o alumno non entrega todos os traballos, non poderá acollerse á avaliación continua.

AVISO:  a detección de plaxio nalgún dos traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua.

AVALIACIÓN GLOBAL

Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha proba final que valerá o 100% da nota final, que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro. 

Neste exame haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrangue tanto exercicios de corrección lingüística, semellantes aos desenvolvidos nas horas prácticas da materia, como de aplicación didáctica dos contidos estudados ao longo do curso.

Avaliarase
a competencia oral (10%), a competencia escrita (40%), a aprendizaxe de
contidos (20%) e a aplicación de competencias e de coñecementos (30%).

Os alumnos poderán consultar as datas oficiais dos exames na web da facultade, no apartado de Organización Académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.


2ª CONVOCATORIA
Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá o 100% da calificación.
Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos e a aportación crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento das preguntas formuladas.

As datas dos exames poden consultarse na páxina web do centro, no apartado de Organización Académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000