Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración en grupo dunha secuencia elaborada seguindo a metodoloxía CLIL. As instrucións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao inicio do curso. Na data indicada deberase subir a MOOVI unha copia do traballo. A data de entrega dos traballos pactarase ó principio do curso e non se admitirán traballos fóra de data.

25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Presentación Representación da secuencia elaborada no traballo tutelado seguindo a metodoloxía CLIL. Ademais de presentar oralmente o traballo o alumnado deberá dramatizar a súa secuencia, turnándose nas funcións de profesor/a. As instrucións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao inicio do curso.


25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade 1 (individual): o tema pactarase ó principio do curso (15 %). As instruccións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao incio do curso.

Actividade 2 (en parellas). O alumnado realizará un video-clip musical (15%). As instruccións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao incio do curso.

30 A2
A4
A5
B1
B10
C34
C50
C51
C52
C63
C65
D1
D4
D7
D9
D16
D20
Exame oral Conversa de 7-8 minutos en inglés de forma individual ca profesora sobre a explotación didáctica da temática dos libros de lectura e a opinión crítica da película recomendada.

As instrucións específicas para a realización desta actividade se explicarán ao inicio do curso e estarán dispoñibles en MOOVI.
20 A3
A4
C45
C48
C50
C51
D1
D2
D4
D16
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas, a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación na primeira convocatoria será continua. Por tanto a realización de todas as tarefas obrigatórias nas datas propostas é imprescindible para superar a materia. 

Avaliación global:

Todo o alumnado que non poda optar pola evaluación continua ten dereito a ser avalado mediante un exame que constará duhna proba escrita (70) e outra oral (30). De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. A data da proba escrita será a data oficial para os exames que se recolle na páxina web da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es) no apartado de organización académica. A data da proba oral será establecida pola profesora.

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse á segunda convocatoria de xullo.

SEGUNDA CONVOCATORIA: 

 Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua ou se non acadara os puntos necesarios para superar a materia durante a evalución continua, poderá presentarse á segunda convocatoria. Neste caso será avaliado cun único exame en inglés con probas escritas e orais (70+30). A proba escrita estará relacionada cos contidos do programa, con tarefas de carácter teórico e supostos prácticos. De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. 

 A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro para a segunda convocatoria no apartado de organización académica (www.fcced.webs.uvigo.es). As datas dos exames orais acordaranse segundo as posibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.

uso de tradutores automáticos para a realización dos traballos ou tarefas suporá a inmediata exclusión da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria nas datas propostas polo centro e recollidas na páxina web da facultade.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Igualmente, os uso de tecnoloxías de apoio á aprendizaxe, incluida a Intelixencia Artificial, debe ser ético e xusto para co resto do alumnado e a docente. A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de sospeita fundada de que algún traballo (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a sospeita fundada por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente.

En todos os casos, A AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS. AS DATAS DE AVALIACIÓN SERÁN TAMÉN AS MESMAS PARA TODO O ALUMNADO: O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBERÁ ESTAR DISPOÑIBLE PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS E EXAMES NAS DATAS ESTABLECIDAS.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado acceder regularmente aos contidos da materia e demáis ferramentas da plataforma Moovi. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000