Todo o alumnado, asistente ou non asistente, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame -proba escrita- e a entrega dos traballos prácticos obrigatorios). O alumando terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado: avaliación continua ou global. A avaliación será preferentemente continua, salvo que se indique ó profesorado a elección de avaliación global, que se realizará no primero mes do inicio da actividade académica. A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación continua. Para que o alumnado sexa considerado asistente e pida optar por un sistema de avaliación global (continua), deberá de cumprir unha porcentaxe mínima de asistencia ás distintas clases B e C dun 75%. Unicamente se admitirán como faltas xustificadas as recollidas no Regulamento sobre a Avaliación, a Calificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Aprendizaxe do Estudantado (Art. 15). O alumnado non asistente deberá contactar ó longo do primeiro mes do curso coa coordinadora da materia, para coñecer os prazos de entrega (a data límite coincidirá coa data de realización da proba escrita en cada unha das convocatorias, antes do seu comezo) das diferentes actividades e traballos solicitados e optará por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o requisito de asistencia mínima, pasará a ser considerado alumnado non asistente en todas as horas (A, B e C), optando por unha avaliación global. No caso da avaliación global, a porcentaxe correspondente á avaliación mediante unha proba obxectiva será do 80% sobre o total da nota e a porcentaxe asignada á realización de traballo/s será o 20% restante. A calificación final da materia resultará da integración das distintas notas obtidas nas horas A, B e C. De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria, mediante proba obxectiva e os traballos realizados ao longo do curso. Tanto a calificación da proba obxectiva coma a calificación dos distintos traballos feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria. O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo, debidamente acreditadas, terá dereito a unha adaptación, tanto da planificación da ensinanza coma das metodoloxías e sistemas de avaliación, así coma un seguimento personalizado, sendo preciso informar de tal condición ó profesorado coordinador da materia. Non se corrixirá ningún traballo plaxiado, total ou parcialmente, obténdose neste caso unha calificación final de cero. Asimesmo, non se corrixirá ningún traballo sen o seguimento previo por parte do profesorado. As datas oficiais dos exames pódense consultar na Web da Facultade, na seguinte ligazón: www.fcced.uvigo.es/gl
|