Práctica de laboratorio |
A proba consistira na resolución e execución práctica de exercicios de adestramento vinculados aos contidos realizados nas prácticas da materia. Sera necesario aprobalo para poder superar a materia |
40 |
|
B5 B8 B11 B13 B14 B26
|
C7 C10 C12
|
|
A non realización da avaliación das prácticas de laboratorio, ou da parte
dos exames, dará lugar á cualificación final de non presentado (NP).
No caso de superar a avaliación das prácticas de laboratorio, e non as
demais partes, esta nota positiva conservarase para os seguintes exames ata o
curso seguinte (incluído). Polo tanto, neste caso concreto, a nota final (cando
non se supere o exame de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas, e se supere
a práctica de laboratorio), recae sobre estas dúas probas ao 100% de forma
proporcional (60% exame de desenvolvemento e 40% preguntas obxectivas). ).
No caso de non ter superado o curso en primeira convocatoria, as
competencias serán avaliadas de novo na convocatoria de xullo do mesmo xeito. A
avaliación en convocatorias sucesivas realizarase de novo da mesma forma que se
propuxera inicialmente con probas teóricas e probas prácticas, sendo necesario
a superación de todas as partes. As datas oficiais dos exames pódense consultar
na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte http://fcced.uvigo.es. |