Réxime avaliación continua: Para poder acceder á modalidade de avaliación continua é necesario
desenvolver todos as probas explicadas anteriormente (traballo tutelado,
seminario, estudo de casos, obradoiro, aprendizaxe colaborativa e exame oral). É necesario asistir a un mínimo do 80% das prácticas B e C, con independencia de que as faltas que superen o 20% sexan xustificadas ou non. No caso de non poder asistir ao 80% optarase pola modalidade de avaliación global. O alumnado que non desenvolva estes métodos non poderá
acceder á avaliación continúa. Nestes casos poderá optar á avaliación global. - Os traballos deberán entregarse nas datas determinadas pola profesora.
-
En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, as
competencias non adquiridas avaliaranse na convocatoria de xuño/xullo.
Nas convocatorias correspondentes ao mesmo curso académico conservaranse
as cualificacións obtidas nas ferramentas de avaliación superadas. Será necesario repetir as ferramentas necesarias para obter un mínimo de 5 puntos. - Non existe posibilidade de manter partes da
materia aprobadas procedentes de anteriores cursos académicos.
- O alumnado que se atope en circunstancias especiais e/ou xustificadas polas que non poida realizar algunha das ferramentas de avaliación, deberá comunicalo ao inicio do curso para poder adaptar a avaliación ao seu caso. No caso de concorrer a circunstancia excepcional durante o desenvolvemento do curso, deberá comunicalo cunha antelación mínima de dous meses á data oficial do exame.
- Manteranse os mesmos criterios para aprobar nas sucesivas convocatorias.
Avaliación global: - O alumnado que non teña optado á avaliación continua, realizará unha avaliación global nas datas oficiais. As probas permitirán obter o 100% da cualificación da materia. - As probas serán un exame escrito sobre os contidos da materia (50%) , e a entrega dun traballo de programación (50%). O traballo de programación incluirá o deseño e desenvolvemento práctico dun mínimo de tres sesións de práctica de actividade físico-deportiva. As intervencións didácticas deberán vir acompañada dunha gravación audiovisual das mesmas.
- O alumnado informará á profesora que opta por avaliación global cun mínimo dun mes de antelación á data do exame. - Para a realización do traballo de programación é indispensábel realizar un mínimo dunha titoría previa á intervención práctica.
- As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |