Prácticas de laboratorio |
Descrición: aprendizaxe práctica, mediante a simulación de casos, do manexo das ferramentas de creación implicadas na creación de dispositivos audiovisuais de instalación multimedia. Modalidade: guiada. Presenza do docente e presenza obrigatoria do alumnado. Escenario: Laboratorio de audiovisuais; Estudio Audiovisuais. |
Traballo tutelado |
O alumnado, individualmente ou en grupos (máximo 5 persoas), desenvolve nos laboratorios e talleres audiovisuais a realización de diversas prácticas de creación audiovisual, relacionadas co temario e as problemáticas analizadas durante a impartición da materia, conducentes á formulación dun proxecto persoal de arte audiovisual.
Así mesmo realizará un traballo de documentación do proceso de creación levado a cabo durante o desenvolvemento do proxecto persoal de arte audiovisual conseguido.
1º Práctica. (Vídeo-instalación): Realización dunha obra baseada na interacción da imaxe audiovisual videográfica e o uso de obxectos e materiais físicos. (Será realizada nas 4 primeiras semanas do cuadrimestre)
|
Traballo tutelado |
3º Práctica. Realización dun proxecto persoal de arte audiovisual. (Vídeo Monocanal ou Vídeo-instalación): Realización dunha obra de enfoque persoal onde aplicar e demostrar os coñecementos apresos até o momento na materia; será presentada como obra final e deseñada para ser exposta segundo as necesidades dun evento expositivo. Acompáñase dun traballo de documentación do proceso de creación levado a cabo. (Será realizada nas 7 semanas finais do cuadrimestre) |