As cidades constrúense atendendo ás demandas das persoas que as habitan.
Desde sempre e conforme as necesidades sociais foron cambiando, a arte ten estado presente no espazo público. Nesta materia, o estudante aprende a interpretar o contexto urbano e a arte que se fai na rúa, desde a promovida polo Estado a calquera outra intervención privada. Executando os exercicios propostos o estudante desenvolve habilidades que lle permiten intervir no espazo urbano desenvolvendo os seus propios proxectos.