Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte e espazo social
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Capacidade de xestión da información.
B2 Capacidade de comunicación. Capacidade para expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro do seu campo de estudo
B13 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade
B15 Sensibilidade a respecto do patrimonio cultural.
B16 Compromiso ético profesional.
C1 Comprensión crítica da historia, teoría e discurso actual da arte. Comprender de xeito crítico a historia, teoría e discurso actual da arte. Asimilación analítica dos conceptos nos que se sustenta a arte
C2 Comprensión crítica da evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais. Analizar a evolución dos valores da arte desde unha perspectiva socioeconómica e cultural
C3 Comprensión crítica da responsabilidade de desenvolver o propio campo artístico. Compromiso social do artista
C4 Comprensión crítica da dimensión preformativa e de incidencia social da arte. Analizar a repercusión recíproca entre a arte e a sociedade
C5 Coñecemento da teoría e do discurso actual da arte, así como o pensamento actual dos artistas a través das súas obras e textos. Actualizar constantemente o coñecemento directo da arte a través dos seus propios creadores
C6 Coñecemento do vocabulario, códigos, e dos conceptos inherentes ao ámbito artístico. Coñecer a linguaxe da arte
C35 Capacidade para activar un contexto cultural e/ou modificar un contexto público ou privado. Saber entender o contexto cultural para xerar iniciativas e dinamizar o entorno
C37 Capacidade de identificar os problemas artísticos e/ou socioculturais así como os condicionantes que fan posible discursos artísticos determinados. Describir os condicionantes que inciden na creación artística. Análise das estratexias de produción artística
C45 Habilidade para comunicar e difundir proxectos artísticos
C46 Habilidade para realizar proxectos artísticos con repercusión social e nos medios. Utilizar os recursos de difusión dos proxectos artísticos co fin de potenciar a súa repercusión social
C47 Habilidade para realizar e integrar proxectos artísticos en contextos máis amplos. Desenvolver estratexias de proxección da creación artística para alén do seu campo de actuación
C48 Habilidade para unha presentación adecuada dos proxectos artísticos. Saber comunicar os proxectos artísticos en contextos diversificados
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000