Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte e espazo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación O alumno expón na clase os traballos que realizou e os explica nun tempo duns cinco minutos.

Lección maxistral A profesora explica en clase os temas da materia e amosa imaxes en relación a cada tema.
Debate
Prepararase o tema de debate en grupos de 4 estudantes.

Posteriormente en clase o grupo expón a súa presentación e debátense as ideas expostas.
Traballo tutelado Durante o cuadrimestre realízanse tres traballos prácticos que se irán expondo en clase. Tamén se indicarán a forma de presentación e os tempos de entrega.
Seminario Analízase en grupo o desenvolvemento dos proxectos de cada alumno.

Tanto os alumnos como a profesora discuten sobre os asuntos formais ou de contido que incumben aos traballos.
Actividades introdutorias Despois da formulación de cada exercicio, realízase en clase e en grupo un debate ou exercicio introductorio en grupo, para analizar os posibles campos de actuación. Posteriormente, as propostas ordénanse e elaboran individualmente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000