É interesante o feito de estudar esta materia no segundo cuadrimestre en paralelo co Traballo de Fin de Grao. Por isto, a materia servirá ao alumnado para cuestionarse asuntos como a comunicación dentro da súa propia creación, os recursos que pode utilizar para transmitir mellor unha idea artística ou a posibilidade de exercer como mediador/a entre os/as artistas e o resto das persoas interesadas na arte. Doutra banda, ao tratarse do último cuadrimestre do grao, ao alumno/a ábrenselle camiños profesionais, que poderá consolidar cunha especialización no mundo da educación artística regulada polo sistema educativo ou a educación artística non regulada en talleres e academias, no mundo do deseño de recursos educativos, etc. |