Esta materia presenta ao alumno/a de Belas Artes a amplitude de contextos artísticos, sociais, culturais e educativos (formais e non formais) nos que pode intervir como mediador/a ou transmisor/a das áreas de coñecemento da creación artística.
O/a alumno/a partirá da súa propia produción plástica para repensar sobre os procedementos, contidos e estratexias empregadas na educación artística e poder incorporar esta aprendizaxe para a elaboración de recursos / dispositivos didácticos.