Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Contidos
Tema Subtema
Teoría do ensino-aprendizaxe das artes plásticas e visuais. Perfil do artista / educador/a /mediador/a nos museos (ou centros de arte).

Función da educación/mediación artística.

Modelos de aprendizaxe baseados na arte.

Recursos para a aprendizaxe e a comunicación.
O proceso creativo, a súa estrutura e o seu método de traballo: o proxecto. As fases do proceso creativo.
Modelos e estrutura dun proxecto creativo.
A transmisión do coñecemento da arte: a figura do/a artista como mediador/a. As áreas de coñecemento da arte: historia, estética, linguaxe artística e procedementos. As relacións existentes entre estas catro áreas nos distintos momentos históricos.

A reflexión sobre a experiencia da creación artística.

Os espazos profesionais para a educación artística en contextos da educación non formal.
Deseño dun prototipo como recurso educativo para a transmisión do coñecemento artístico. A dimensión didáctica da arte. Correspondencias entre a arte a pedagoxía.

Análise de xogos e xoguetes para a educación artística.

Recursos didácticos publicados nos museos de arte contemporánea.

Libros e literatura para a educación artística.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000