Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Transmisión, mediación e educación artística
   Recomendacións


 
Outros comentarios
É interesante o feito de estudar esta materia no segundo cuadrimestre en paralelo co Traballo de Fin de Grao. Por isto, a materia servirá ao alumnado para cuestionarse asuntos como a comunicación dentro da súa propia creación, os recursos que pode utilizar para transmitir mellor unha idea artística ou a posibilidade de exercer como mediador/a entre os/as artistas e o resto das persoas interesadas na arte. Doutra banda, ao tratarse do último cuadrimestre do grao, ao alumno/a ábrenselle camiños profesionais, que poderá consolidar cunha especialización no mundo da educación artística regulada polo sistema educativo ou a educación artística non regulada en talleres e academias, no mundo do deseño de recursos educativos, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000