Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Introdución á música e expresión musical
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Introdución á música e expresión musical Código O81P031V11412
Titulación
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OP 3 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Casal de la Fuente, Lucía
Correo-e lucia.casal@uvigo.gal
Profesorado
Casal de la Fuente, Lucía
Web http://http://maiores.uvigo.es/gl/estudos/ciclo-intensivo/
Descrición xeral O que se espera que achegue esta materia ao alumnado do Programa Universitario de Maiores é proporcionar unha formación elemental para entender a música, tanto dende un punto de vista teórico como práctico. A finalidade é desenvolver a sensibilidade necesaria relativa á expresión musical e á creación artística, así como aprender a usar a música e as súas potencialidades para o noso benestar diario. Partiremos do estudo do son e das súas calidades, e da voz e do corpo como primeiros instrumentos para achegarnos á práctica musical, a cal reporta múltiples beneficios que estudaremos e experimentaremos. Abordaremos contidos moi básicos de linguaxe musical: dende a representación do son e da música (notación musical) ata os elementos expresivos desta. De modo transversal, iremos coñecendo algúns instrumentos musicais, familiarizarémonos con estilos diferentes a través de audicións, e faremos variados exercicios para educar a nosa voz e o noso oído. Farase especial fincapé na práctica da relaxación, da respiración e da fonación, posto que a voz e o corpo son os instrumentos clave da práctica musical. As actividades protagonistas das sesións serán aquelas de corte práctico: o canto, a práctica instrumental de cancións sinxelas e a danza grupal. Non se requiren coñecementos musicais previos, só se precisa de vontade, boa actitude, disposición para participar nas actividades de aula e, sobre todo, moitas ganas de desfrutar aprendendo música.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000