Guia docente 2023_24
Programa Universitario de Maiores
Ourense - Universitario en Cultura e Sociedade
 Materias
  Introdución á música e expresión musical
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Valorarase a asistencia do alumnado e especialmente a participación, o seguimento e a actitude mostrada nas sesións, materializada na achega de experiencias ou comentarios relacionados cos contidos que se estean tratando en cada momento; a vontade, a actitude e a motivación mostrada cara ás prácticas con TIC; os dilemas e reflexións tratados nos seminarios; e a disposición, esforzo e actitude cara ás prácticas de laboratorio (canto, práctica instrumental e danza grupal).
Esta porcentaxe (70%) desúnese como segue: a asistencia suporá ata o 20% da cualificación final, a participación e a actitude ata o 30%, e as tarefas e traballos de aula ata o 20%.
70
Presentación Presentación e defensa dun traballo grupal e/ou individual. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia basearase na avaliación continua
(participación activa nas clases, interese mostrado, comentarios, posta en común de
opinións, vontade e esforzo para participar nas actividades prácticas etc.). Cómpre
asistir de modo continuado para poder superar a materia.



Se se dan as circunstancias,
a participación do alumnado en actividades artísticas fóra das aulas regulares
da materia (por exemplo, conmemoracións organizadas pola Universidade), suporá
a obtención dun comodín de ata +1 punto a sumar individualmente na cualificación final da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000