Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das
sesións prácticas (Sesións B).
15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D6
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D16
D17
D19
D21
Aprendizaxe-servizo Deseño, implementación e avaliación individual e/ou grupal de sesións de música para bebés. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C58
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
Traballo tutelado Elaboración de tarefas e traballos en equipo, que poden implicar o eTwinning, en colaboración con centros doutros
países; o deseño, a implementación e a avaliación de propostas didácticas con alumnado de 3-6 anos, etc.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
Resolución de problemas Realización dunha proba teórico-práctica individual. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D6
D7
D8
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
Prácticas de laboratorio Realización dunha proba práctica grupal. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D16
D17
D18
D19
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cadro anterior
recolle a avaliación para alumnado Asistente, isto é, alumnado
que non falta a máis de 3 clases das Sesións
B (ou sexa, que cumpre co 80% de asistencia ás Sesións B), xustificadas ou sen
xustificar. Isto significa que para ter a consideración de Asistente pódese
faltar a un máximo de 3 clases das Sesións B. Desas 3, cada falta sen xustificar
penalizará -0.1 puntos no apartado
’Obradoiro: Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das sesións
prácticas (Sesións B)’. Se se pode xustificar a falta, a ausencia non penaliza.
Os xustificantes nunca se entregarán por correo electrónico: mostraranse á
profesora coordinadora da materia en calquera das sesións presenciais. A
asistencia e participación nas Sesións A non puntúa na cualificación final. Non
obstante, resulta indispensable asistir a elas para o bo aproveitamento da
materia, especialmente de cara á asunción e comprensión dos contidos e de cara
a poder seguir o ritmo das Sesións B sen dificultades. Asistir ás Sesións A tamén
favorecerá a calidade da participación e das achegas individuais que o alumnado
faga nas Sesións B que, xunto coa actitude, terase moi en conta para avaliar o
antedito apartado.

 



AVALIACIÓN PARA ASISTENTES:

 



(1) Proba teórico-práctica individual: 25%

 



(2) Proba práctica grupal: 10%

 



(3) Traballos grupais:
25%

 



(4) Proxecto Aprendizaxe- Servizo: 25%

 



(5) Asistencia e participación nas Sesións B: 15%

 

 



Para o alumnado que opte por ser Non Asistente, as porcentaxes para o cálculo
da cualificación final da materia
serán as seguintes:

 



AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES:

 



(1) Proba teórico-práctica individual: 25%

 



(2) Proba práctica grupal: 10%

 



(3) Traballos grupais:
40% (dividido en dúas partes: 20% e 20%).

 



(4) Proxecto Aprendizaxe-Servizo: 25%

 

 



É necesario aprobar
os apartados 1, 2 e 3 da avaliación para superar a materia (isto é, acadar un 5 sobre 10), tanto para Asistentes como para Non Asistentes.
Se algún destes tres apartados non se aproban nunha convocatoria dada, a
cualificación desta será o sumatorio das diferentes partes da avaliación
dividido entre dous.

O alumnado que opte pola opción de Non Asistente deberá
comunicalo ao profesorado a través de correo electrónico no primeiro mes de clase. Coa lista de alumnado Non Asistente, o
profesorado conformará equipos de traballo e publicaraos na aula virtual da
materia xunto coas instrucións para a elaboración de tarefas, co fin de que cada
equipo se poida organizar para realizalas. Publicada a conformación dos
equipos, o alumnado implicado debe establecer o primeiro contacto entre si a
través de Moovi. Unha vez se entra na
aula virtual da materia, pícase arriba á dereita, na icona do globo, e ponse o
nome da persoa á que se quere escribir encima de ’Buscar’.
A continuación pícase no nome e abaixo escríbese a mensaxe. Finalmente dáselle a ’Enviar’, e a partir de aí cada equipo pode establecer
as canles de comunicación que desexe. Para que isto funcione é necesario que
todo o alumnado estea activo en Moovi.

O alumnado que ao longo do semestre
perda o dereito de avaliación continua por superar o máximo de 3 faltas ás
Sesións B debe pórse en contacto coa coordinadora da materia tan pronto como se
vexa nesta circunstancia. Neste caso, o profesorado determinará a procedencia
de seren avaliado de acordo á avaliación establecida para Non Asistentes. De
ser o caso, este alumnado será integrado nun equipo de traballo de Non
Asistentes, sempre que sexa posible.
De non ser posible, e dado que a maioría
das tarefas de avaliación para Non Asistentes deben realizarse en equipo e
deben ser entregadas nunhas datas concretas, as tarefas grupais de avaliación
obrigatoria que non se poidan entregar en equipo en primeira oportunidade,
faranse en segunda oportunidade. Se se dan as circunstancias, a participación de alumnado Asistente en
actividades artísticas fóra das aulas regulares da materia (por exemplo,
conmemoracións organizadas pola Facultade), suporá
a obtención puntuación extra a sumar individualmente na cualificación final
sempre que os apartados de avaliación 1, 2 e 3 estean aprobados.

 



AVALIACIÓN PARA ALUMNADO
MATRICULADO EN FIN DE CARREIRA:



O alumnado
que se matricule en Fin de Carreira debe pórse en contacto co profesorado á
maior brevidade posible para solicitar as indicacións das condicións de
avaliación para superar a materia.

 



OBSERVACIÓNS:

 



a. As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto,
como aprobadas nese curso académico. O traballo en equipo ou individual é obrigatorio cando
así se requira.

 



b. As datas oficiais dos exames poden
consultarse na páxina web da Facultade, na ruta Docencia --> Exames. A
convocatoria e as instrucións para as probas da materia anunciaranse na aula
virtual da materia na sección 'Avaliación e cualificacións'.

 



c. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser
adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente
o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

 



d. Coa finalidade de favorecer a
conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso
ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000