Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario Atención grupal ou individual nas clases ou nas titorías, previo acordo entre o alumnado e o profesorado. O alumnado Asistente solicitará as titorías ao profesorado en clase (nas sesións presenciais, nunca por e- mail) para fixar, de ser necesaria, unha titoría individual ou grupal fóra das aulas regulares da materia. O alumnado usará o horario de titorías do profesorado para expor as súas dúbidas. De non poder asistir fisicamente ás titorías, deberá chamar por teléfono no horario de titorías, evitando o contacto por e-mail. Unha vez establecido o contacto coa profesora ben fisicamente ben telefonicamente, existe tamén a opción de fixar titoría en liña a través do Campus Remoto da UVIGO, para o que a docente facilitará ligazón e clave para a conexión no despacho virtual. Estableceranse as medidas necesarias para dar resposta á atención á diversidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000