Lección maxistral |
Clases teóricas nas que o profesor/a explica os contidos teóricos da materia coa axuda de proxeccións de imaxes, power point, documentos e outros recursos docentes |
Traballo tutelado |
Traballos dirixidos á profundización na materia e ao fortalecemento das capacidades analíticas e expositivas do alumno/a. Consisten na elaboración dun traballo, de carácter individual sobre a dimensión patrimonial dunha determinada parroquia, basado na consulta das fontes documentais de arquivo (Libros de Fábrica e Libros de Visitas). |
Seminario |
Apoio á formación do alumnado, resolvendo as dúbidas en relación coa materia e orientación do seu estudo. |