Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Valorarase a comprensión e asimilación dos contidos teóricos da materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia, Historia da Arte e Xeografía de Galicia nunha perspectiva comparada. Comparación da Historia e Historia de Arte de Galicia con procesos históricos similares no ámbito peninsular e europeo. Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
40 B1
B2
C5
C12
C19
C25
C26
D6
D7
Traballo O alumnado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle un traballo relacionado coa materia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración e presentación, oral e escrita de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
Interpretación do medio próximo a partir do coñecemento do pasado.
30 A2
A4
A5
B1
C12
C19
D1
D2
D3
D4
D5
Observación sistemática Valoración do traballo autónomo do alumnado, a través da realización de tarefas relacionadas coas visitas de estudos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento da Historia, Historia da Arte e Xeografía de Galicia nunha perspectiva comparada. Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa historia.
10 B1
C5
C26
D1
Cartafol/dossier Informe das saídas de estudo programadas como complemento da materia.
Con elo o alumnado dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Coñecemento dos elementos patrimoniais, tanto mobles como inmobles, e da súa relación co territorio.
20 B1
C5
C26
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (Moovi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 día hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo. Serán avaliados dos contidos do programa da material mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representaría un 30% desta.

 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000