Contémplanse neste apartado da guía
docente distintas posibilidades de avaliación que se poderán aplicar en cada
oportunidade: fin de bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de
carreira. CONVOCATORIA
FIN DE BIMESTRE/ CUADRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO: A persoa
matriculada escollerá se quere ser avaliada de xeito continuo ou final
(explícanse a continuación as diferentes condicóns para cada unha delas) e debe
comunicar á persoa coordinadora da materia a cal se acolle. Nos dous casos,
ainda que con distinto peso con respecto á nota final, é obrigatoria a
realización dunha proba final de tipo test ou de desenvolver preguntas. O detalle
das formas de avaliación a escoller é o seguinte: a) Avaliación
continua: puntúase a calidade dos traballos ou probas realizados pola/o
estudante durante o bimestre mediante a avaliación de diferentes aportacións,
incluindo a participación nos seminários e prácticas e o test relacionados. Desta
maneira, a nota final (NF) da asignatura estará conformada por: exame final
(EF=40%) + Resolución de problemas (RP=30%) + seminarios (S=10%) +
Prácticas (P=10%) + asistencia e participación nas diferentes sesións (AP=10%). NF(100%)
= EF(40%) + RP (30%) + S(10%) + P (10%) + AP(10%) O
exame final será un exame único de preguntas test ou de desenvolver que poderá
incluir preguntas das sesións teóricas, prácticas e seminarios. Neste
tipo de avaliación, é condición que se alcance polo menos un 40% da nota do exame
final (EF) para que o resto das probas podan ser contabilizadas na nota final
(NF). Estas puntuacións terán validez ó longo de cada curso académico e serán
sumadas á do exame final, tanto na convocatoria fin de bimestre como na segunda
oportunidade sempre que a persoa matriculada así o exprese. A calificación dos
alumnos acollidos ao sistema de avaliación continua manterase para a segunda
convocatoria por unha soa vez sempre que acaden un mínimo dun 40% sobre 100 na
avaliación inicial. b) Avaliación
global: non se teñen en conta as puntuacións obtidas nas achegas dos
seminarios. Neste caso a avaliación será o 100% da calificación do exame
oficial. Para escoller esta opción, debe de ser comunicado previamente ao
coordinador da materia, por email ou a través de Moovi, nun plazo non superior
ao primero mes de docencia. Para
aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade profesional
fora do ámbito universitario (debidamente acreditada mediante copia oficial do
contrato de traballo) que lles impida unha presencialidade superior ao 15% nas
sesións maxistrais, nos seminarios e nas prácticas, a avaliación se fará de
acordo á avaliación final (100% de acordo ao exame final). No caso de non comunicar ningunha
opción, entenderase que o alumno escolle a opción de avaliación continua. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: A persoa matriculada que opte por
examinarse en fin de carreira será avaliada únicamente co exame (que valerá o
100% da nota). NF=EF. No caso de non asistir
ou de non aprobar dito exame, pasará a ser avaliada ó igual que o resto dos/as
estudantes. Datas de
exames: Fin de
carreira: 26/09/2023 ás 16:00 h. Xuño: 1/04/2024
ás 16:00 Xullo: 10/07/2024 ás 16:00. |