1) Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo ó responsable da materia, por email (a gil@uvigo.gal) ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. 2) Avaliación final do bimestre (1ª edición da acta): 2.1) Exame (40% da nota global): é necesario obter un
mínimo (4.5 sobre 10) nos exames oficiais para poder aprobar a materia. Nos
exames poderase indicar requisitos adicionais para superar a materia (como
obter un mínimo de puntuación en algunha parte do exame ou que haxa preguntas
eliminatorias). 2.2) Prácticas de laboratorio (20% da nota global): a asistencia ás prácticas de laboratorio e a entrega da memoria é
obrigatoria en calqueira das modalidades para poder aprobar a materia. 2.3) Resolución de problemas de forma autónoma (40% da
nota global): a cualificación neste apartado será a suma das obtidas en cada
unha das entregas de exercicios que realice o alumno. 2.4) Cualificación da materia:
- Para o alumno que supere o exame (cun
mínimo de 4.5 sobre 10), a cualificación será a suma da do exame máis as
das prácticas de laboratorio e da resolución de problemas de forma
autónoma (aplicando as correspondentes porcentaxes sobre a nota global):
NOTA = 0.40*(NOTA EXAME) + 0.40*(NOTA RESOLUCIÓN
PROBLEMAS) + 0.20*(NOTA PRÁCTICAS)
- Para o alumno que non supere o exame, a
cualificación da materia será a do exame (en base 10):
NOTA = (NOTA EXAME)
- "Non presentado": só aplicarase ao alumno que
non teña ningunha cualificación en ningunha das metodoloxías.
3) Convocatoria de fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de
carreira será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso
de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do
mesmo xeito que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ao longo
do curso. 4) Avaliación final (2ª edición da acta): na segunda edición, o
alumno poderá elixir entre que se lle manteña a nota das metodoloxías de
"Resolución de Problemas de Forma autónoma" e "Prácticas de
Laboratorio", ou que non se lle manteña algunha
delas (sumándoselle a porcentaxe desta metodoloxía ao do exame). A opción por defecto será manter as notas obtidas na primeira edición da
acta. 5) Comunicación cos alumnos: a comunicación cos alumnos
(cualificacións, convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma Moovi. 6) Exames: as datas oficiais para a realización dos exames son:
- Fin de carreira: 25 de setembro de 2024 ás 16:00.
- 1ª edición: 3 de xuño de 2025 ás 16:00.
- 2ª edición: 10 de xullo de 2025 ás 16:00.
As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias. En caso de
erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. 7) Compromiso ético: espérase que os estudantes presentes
un comportamento ético adecuado. En caso de detectar malas prácticas como
copia, plaxio, utilización de calquera aparello electrónico non autorizado
expresamente (normalmente só permitirase o uso de calculadora) considerarase
que o alumno non reúne os requisitos adecuados para superar a materia e a súa
cualificación global será de 0.0, en cumprimento do Real Decreto 1791/2010, do
30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario,
artigo 13.2.d, relativo aos deberes dos estudantes universitarios:
"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos
nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos
oficiais da universidade". |