Nesta asignatura profúndase na función e principios do dereito procesal penal, o proceso penal (instrución e fase intermedia; xuízo oral; recursos), así como outras cuestións fundamentais do proceso. Ademais e ao mesmo tempo estúdase e profunda tamén en aspectos sustantivos do Dereito penal, complementarios e necesarios para entender o proceso penal.