AVALIACIÓN FINAL: será o resultado de sumar a nota obtida no exame de preguntas de desenvolvemento (segundo os requisitos anteriores) ás demais probas (casos, traballos e exame de preguntas obxectivas). As cualificacións obtidas no estudo de casos/análises de situacións, nos traballos e no exame de preguntas obxectivas manteranse soamente nas probas da avaliación das convocatorias de maio-xuño/xullo do curso académico. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado deberá presentarse en segunda oportunidade a un exame de preguntas de desenvolvemento que terá unha valoración do 70%, e ha de obterse un mínimo de 3,5 sobre 7. Neste caso poderá ser acumulada a avaliación continua, se a houbese. AVALIACIÓN NON CONTINUA: Os alumnos/as que por motivos persoais ou profesionais renuncien expresamente á avaliación continua, deberán facelo no prazo dun mes desde o inicio do segundo cuadrimestre. Neste caso, perderán as cualificacións obtidas ata ese momento nas probas realizadas. Con todo, terán dereito ás seguintes opcións: - Nas probas de avaliación de maio-xuño/xullo, poderán realizar xunto co exame de resposta extensa (70% da nota) no que se esixe a obtención dunha nota mínima de 3,5 sobre 7, un estudo de casos, (20%) para poder optar ao 90% da cualificación total. - O 10% restante da cualificación obterase mediante un traballo obrigatorio fixado oportunamente polo docente. Deste xeito, poderán conseguir o 100% da cualificación final. Esta opción realizarase a seguir do exame final. Os alumnos que elixan a convocatoria de fin de carreira serán avaliados polo sistema de cualificación anterior, e aínda que non se lles conserva a nota de avaliación continua, por ser unha convocatoria de seguintes anos académicos, terán a oportunidade de poder realizar xunto ao exame final, as opcións antes mencionadas para obter o 100% da cualificación. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante, á que se dará publicidade mediante a súa publicación na páxina web do Centro, e no cronograma que se facilitará a través da plataforma informática. O alumnado Erasmus alleo que curse esta materia será avaliado mediante unha proba de preguntas obxectivas (tipo test que supoñerá o 40% da cualificación final, sempre que se obteña unha nota mínima de 2 sobre 4), unha proba de preguntas de desenvolvemento (30%), as prácticas (20%), e o traballo (10%). Así mesmo, o alumnado con necesidades especiais poderá ter unha avaliación específica, de conformidade co disposto na normativa e Protocolo de Discapacidade da Uvigo. Durante a realización das probas de avaliación o alumnado ten a obrigación de desenvolver un comportamento xurídico e eticamente correcto, tal como dispón o artigo 65 b) do Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, no que foron aprobados os Estatutos da Universidade de Vigo. E cumprir co establecido no artigo 47.2 f) da Resolución do 7 de maio de 2021 pola que se aproba o Regulamento de estudantes desta universidade. E o art. 39 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). Esta guía docente é de aplicación no Grao en ADE-DEREITO ao ser a mesma profesora e coordinadora a encargada de impartir a materia. As titorías poden ser consultadas ou solicitadas na seguinte ligazón https://matricula.uvigo.es/Docentes/Tutorias_Novos/T |