Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas horas presenciais, farase o traballo previo de análise. Logo, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, farase unha posta en común e corrixiranse os traballos. Esta tarefa poderán realizala na aula ou en biblioteca, titorizados en tempo real a través de faitic pola profesora. |
Traballo tutelado |
Realizaranse varias traducións ao longo do curso coa tutela da profesora. Ao final do curso terán que facer unha encomenda de tradución, fixada na última sesión docente e para a que haberá un prazo de 7 días para entregala.
|
Actividades introdutorias |
Actividades de presentación da materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e de lectura obrigatoria. |