(*) O obxectivo desta materia é que o estudantado coñeza a teoría elemental de variábel complexa e as aplicacións no ámbito da enxeñaría, das transformadas de Laplace e Fourier e das transformadas rápidas, así como da transformada Z. Tamén é un obxectivo da materia que o estudantado coñeza e manexe os métodos numéricos básicos para a resolución de sistemas de ecuacións non lineares e de ecuacións e sistemas de ecuacións diferenciais. Finalmente, o estudantado aprenderá teoría básica de grafos e as súas aplicacións a problemas de optimización discreta.