Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría de Organización
 Materias
  Métodos Matemáticos na Enxeñaría Industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Realizaranse distintas probas nas aulas de laboratorio utilizando ferramentas informáticas. 30 A1
A2
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase un exame ao final do curso sobre os contidos da materia. 30 A1
A2
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse diversas probas parciais e tamén se programarán entregas de exercicios e/ou traballos. 40 A1
A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Levarase a cabo a avaliación continua segundo os criterios expostos anteriormente.

O estudantado que renuncie á avaliación continua será avaliado cun único exame sobre os contidos da materia e que suporá o 70% da cualificación. O 30% restante corresponderá á nota obtida nas probas de laboratorio.

A avaliación en segunda acta será realizada de modo análogo ao caso de renuncia á avaliación continua: 70% da cualificación nun examen final e 30% da cualificación das probas de laboratorio durante o curso.

Compromiso ético:

Agárdase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento ético non axeitado (copia, plaxio, emprego de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000