Comunicación científica-técnica en galego e español
Código
V01G160V01901
Titulación
Grao en Estudos de Galego e Español
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
3
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Filoloxía galega e latina
Coordinador/a
Fernández Salgado, Benigno
Correo-e
bfsalgado@gmail.com
Profesorado
Fernández Salgado, Benigno
Web
Descrición xeral
Esta materia posúe un eminente carácter práctico e promoverá o desenvolvemento práctico das habilidades discursivas fundamentalmente no ámbito escrito. Inicialmente, constitúe un reforzo dos aspectos de corrección lingüística do galego e do español, da coherencia e cohesión textual. Procura achegar o alumnado ao coñecemento das linguas de especialidade no ámbito da comunicación científica e técnica, tanto en galego como en español. Reforzaranse os coñecementos relativos á tipoloxía textual académica e científica (artigo de divulgación e de investigación) e tocaranse aspectos puntuais de disciplinas como a semántica ou a lexicografía.