Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación científica-técnica en galego e español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e
ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren unha axeitada comprensión dos contidos.
Traballos tutelados O alumnado presentará individualmente e/ou en grupo os traballos propostos polo docente.
A través destes traballos tratarase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para identificar e analizar tanto as características como os recursos de modalización dos textos científico-técnicos (divulgativos ou de investigación).
Avaliaranse os resultados (estrutura, adecuación, coherencia, cohesión) e a calidade lingüística da redacción.
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do cuadrimestre formularanse unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada, ben na aula ben a través da plataforma TEMA.
Esta actividade práctica levarase a cabo co obxectivo de consolidar coñecementos, de reflexionar sobre as particularidades e esixencias da comunicación científico-técnica e de poñer en relación teoría e práctica.
Presentacións/exposicións Actividade práctica. O alumnado, individualmente ou por parellas, deberá levar a cabo na aula unha exposición oral dun tema do ámbito científico-técnico. Paralelamente á exposición, deberá presentar o guión desa presentación e someterse ás posibles preguntas posteriores (do resto do alumnado e do docente).
A elección do tema será acordada co docente, nas primeiras semanas do cuadrimestre. O docente será o responsable último do establecemento do tema.
Actividades introdutorias Sesión inicial na que se presenta a materia (contidos, obxectivos, metodoloxía) ao alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000