Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación científica-técnica en galego e español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados O alumnado presentará individualmente e/ou en grupo os traballos propostos pola docente.
A través destes traballos tratarase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para identificar e analizar as características e os recursos de modalización dos textos científico-técnicos (divulgativos ou de investigación).
Avaliaranse os resultados (estrutura, adecuación, coherencia, cohesión) e a calidade lingüística da redacción.
30 A1
A2
A3
B4
C1
C4
C5
C6
C9
C13
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos pola docente e relacionados coa materia traballada, sempre e cando a entrega de cada práctica se produza dentre dos prazos e termos establecidos pola docente. Só dese xeito se poderá levar a cabo a avaliación.
A entrega dos traballos baseados nestas actividades desenvolveráse ben no marco das actividades da aula, ben mediante a plataforma TEMA, segundo será indicado en cada caso polo docente.
30 A3
A5
B6
C4
C6
C9
C12
C13
D2
D4
Presentacións/exposicións Consistirá na elaboración e presentación (en tempo e forma) dun guión escrito, na exposición oral do tema estudado e na resposta, se for o caso, das cuestións que poidan ser formuladas oralmente. 15 A4
C1
C7
C13
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Levarase a cabo unha proba escrita na que se avaliarán os contidos e competencias traballadas na materia. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B6
C1
C4
C5
C6
C7
C9
C12
C13
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre
dous sistemas de avaliación, continua e única. Deberá confirmar explicitamente por cal das dúas opta nas dúas semanas iniciais do cuadrimestre.

a) Avaliación continua: condicións

É condición indispensable para ter dereito a ser avaliada/o nesta modalidade asistir a un 80% das clases, como mínimo. Unha ausencia da aula durante 15 minutos ou máis equivale á 'non asistencia' a esa sesión. Estas condicións non serán modificadas baixo ningún concepto.

Para poder entrar nesta modalidade é condición sine qua non terse presentado ou ter entregado polo menos unha das actividades correspondentes ás catro metodoloxías de avaliación: traballo(s) tutelado(s), resolución de problemas, exposición oral e proba de desenvolvemento. Isto é, non será avaliada/o quen non se someta á avaliación dalgunha das catro metodoloxías descritas nesta páxina.

Non se poderá renunciar á
avaliación continua, unha vez escollida, agás por causas excepcionais e
xustificadas.



O incumprimento das condicións da
avaliación continua (asistencia etc.) implicará o paso automático á avaliación única.

Os aspectos avaliados son os que aparecen
nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Tanto nas probas como no resto
dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,20 puntos por
cada falta. Isto é válido tanto para o galego como para o español.

O plaxio ou a copia suporá a non cualificación do
exercicio, traballo, práctica etc.

b) Avaliación única: condicións

A cualificación na modalidade de avaliación única repartiráse do xeito seguinte:

-Presentación do(s) traballo(s) tutelado(s) que sexa(n) establecido(s) durante o curso, sobre cuestións establecidas pola docente no marco do traballado na materia: 40%

-Exposición oral: 20%

-Proba escrita de resposta longa, de desenvolvemento (exame): 40%

Convocatoria de xullo

-Presentación do(s) traballo(s) tutelado(s) que fose(n)
establecido(s) durante o curso, sobre cuestións establecidas pola
docente no marco do traballado na materia: 40%

-Exposición oral: 20%

-Proba escrita de resposta longa, de desenvolvemento: 40%

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000