Esta materia, primeira que se cursa da materia Literatura do primeiro idioma estranxeiro, proporciona un panorama xeral da historia da literatura inglesa. Introduce os movementos e autores máis relevantes da literatura británica, principalmente, no seu marco histórico e cultural. Ademais, iníciase ao estudante na utilización dos recursos académicos e as técnicas necesarias para ler, analizar e situar as obras literarias no seu contexto e para elaborar ensaios académicos.