Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno/a debe resolver unha serie de exercicios nun tempo/condicións establecidos pola docente. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode ser, nalgún caso, non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, correo. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Formarán parte do exame escrito que comprenderá os aspectos teóricos e prácticos relacionados co contido de cada unha das unidades do programa e as lecturas obrigatorias que lle correspondan e poderán combinarse con outro tipo de preguntas breves. Realizaranse unha vez terminada cada unidade. A suma destas probas escritas valerá un 60 % da cualificación final. 60
Traballos e proxectos O portafolios é a suma das propias notas de clase, ampliadas coa consulta dos diferentes manuais aos que teñen acceso os estudantes na biblioteca do centro. Relacionarán os acontecementos históricos, culturais, políticos e relixiosos de cada etapa literaria de estudo nas unidades así como os acontecementos máis relevantes que nesa mesma etapa teñen lugar no resto do mundo. Así mesmo será interesante a mención de elementos do mundo da arte (escultura, pintura, música ou cinema) que se poidan relacionar coa época literaria estudada. Poden utilizar ilustracións, fotografías ou calquera recurso visual que mellore a información do seu portafolio. Esta actividade permitiralles desenvolver a percepción da literatura inglesa como unha parte importante de e relacionada coa literatura europea occidental e con acontecementos mundiais de relevancia que teñen lugar nesa mesma época. Isto tamén acrecenta a cultura xeral do estudante. Cada concepto que se explica na clase teórica ou cada texto proposto para o comentario literario é susceptible de ser completado coa bibliografía recomendada para a materia. O portafolio é entregado ao final do cuadrimestre como produto final do traballo realizado durante o curso e ten o carácter de continuidade e progreso na asimilación da información mediante o seu propio traballo investigador. A entrega do portafolio ao final do cuadrimestre constitúe o 30% da cualificación global da materia. O atraso inxustificado na entrega do portafolios na data prevista reducirá a nota en medio punto por día de tardanza. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, segundo o indicado máis arriba. Calquera
situación extraordinaria deberá ser comunicada ao profesorado para a súa
consideración. Teranse en conta os controis das lecturas obligatorias
mediante entrega de cuestionarios periódicos ou preguntas tipo test de
elección múltiple, as fichas de lectura obrigatoria e a participación
activa nas clases prácticas (20%) . Tamén as unidades explicadas serán avaliadas cunha proba de respostas de desenvolvemento (60%) e co
traballo do portafolio (20%) (como aparece reflectido no apartado da
metodoloxía de avaliación).


O alumnado que non poida cumprir os requisitos da avaliación continua
poderá renunciar a ela, sempre que haxa motivos xustificados e se
informe ao profesorado antes do 20 de setembro
. Neste caso, será avaliado ao final do cuatrimestre cun único exame (100% da nota) que se
realizará na última semana do período docente. Este alumnado non ten
ningunha obriga presencial; porén, recoméndaselle asistir a
clase sempre que poida.


Na 2ª edición de actas (xullo) o alumnado que non supere a materia coa
avaliación continua e os que non superaron o exame de final de
cuatrimestre (para o que non se acolle á avaliación continua polas
circunstancias que acredite) será evaluado mediante un único exame final
(100% da nota) nas datas de exames oficiais establecidas pola
Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000