Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer e comprender as principais autoras/es e textos da literatura escrita en inglés das Illas Británicas, os aspectos máis destacados da súa historia, sociedade e cultura, distinguindo os principais movementos, épocas e tendencias
saber
A2
Analizar, interpretar e comentar as obras literarias seleccionadas, establecendo o marco no que se xeraron e analizando, a partir do texto, os trazos sociais, ideolóxicos, históricos e culturais das obras.
saber facer
A3
A4
A5
Visibilizar e pór en valor as achegas feitas polas mulleres á literatura escrita en inglés dos textos seleccionados.
Saber estar / ser
A4
A5
A11
Identificar o papel desempeñado polas expresións literarias nas relacións entre grupos dominantes e/ou dominados.
saber
A6
A8
A11
Coñecer e comprender os procesos relacionados coa creación de textos literarios en inglés de diversos xéneros e procedentes de diferentes tradicións.
saber
A3
Recoñecer no texto as convencións que operan no ámbito da comunicación literaria. O alumnado ha de identificar e interpretar os elementos propios dun texto literario (tema, acción, personaxes, punto de vista etc.)
Saber estar / ser
A3
A4
A5
Manexar a terminoloxía básica do inglés empregada no comentario de textos literarios en relación cos xéneros literarios, as figuras de dicción, os trazos estilísticos, os elementos narrativos, etc.
saber facer
A2
A3
A4
A5
A8
Coñecer as tendencias actuais da teoría e a crítica literaria, aplicando algúns dos enfoques críticos á análise de textos literarios en inglés.
saber
A2
A3
A4
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
saber facer
A8
A9
A12
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países da primeira lingua estranxeira, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
Saber estar / ser
A7
A8
A10
A12
B3
B4
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000