O Libro Branco da titulación de Traballo Social (2004) define o traballo social como a disciplina que ten por obxecto a intervención social e a avaliación ante as necesidades sociais para promover o cambio, a resolución dos problemas e as relacións humáns asi como o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
Constiúese asi, como un dos instrumentos da política social que terá como obxectivo principal paliar as necesidades sociais.
Con esta materia preténdese que o estudante adquira unha serie de coñecementos e de competencias coas que poder analizar, valorar e xerar iniciativas de traballo que favorezan os procesos de incorporación social, que eviten as situacións que xeneren desigualdade ou que leven às persoas à exclusion social que lles impida participar e/ou acceder aos dereitos sociais constitucionalmente recoñecidos.